7 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Aurelio Pombo: Tono é un gran adestrador

Aurelio Pombo é un rapaz formado nas categorías base do Cabana e do Bergantiños, que pode actuar como central ou mediocentro.

Na actualidade, Aurelio defende a camisola nerazzurri do equipo senior do Cabana SD e hoxe analiza a situación do conxunto das Redondas en Adiante Galicia.

David Castro (@DavidCastro27)

P- Cales cres que son os factores que levaron ao Cabana a unha mala dinámica de resultados como a que está tendo?

R- Eu penso que en gran parte é debido á xuventude que hai no equipo, o que fai que sexamos un grupo ao cal lle costa manter unha regularidade, ademáis de que descoñecemos a forma de competir necesaria. Aínda que pouco a pouco esta dinámica vai cambiando e agora só queda reflexalo nos resultados.

P- Que intenta transmitirvos Tono nestes momentos tan complicados?

R- É un gran adestrador que sempre ten en conta a opinión de todos tanto dos máis veteranos coma a dos máis novos. Como di el para min non hai idades no fútbol e este feito transmite unha confianza moi necesaria para manter os ánimos con esta dinámica negativa, ademáis el sempre intenta animarnos.

P- A pasada semana sufristes unha derrota, un tanto polémica, ante un rival directo pola permanencia como é o Volantes de Baño, como están os ánimos no vestiario?

R- Pois os ánimos non están moi ben xa que parece que os árbitros non están o noso favor porque xa nos pasou mais veces pero o da semana pasada non ten nome. O sentimento que temos no equipo en común é dunha gran impotencia xa que nos xogábamos media tempada nese partido e dedicámoslle todo o esforzo e traballo para que nos ridiculicen desa forma.

P- Cal cres que son a solución para que o Cabana salga desta difícil situación?

R- Pois manter os ánimos, a esperanza e o esforzo, e despois ter algo de sorte, xa que se conseguimos isto, os resultados chegarán sós.

 

P- A vindeira xornada recibides ao Fisterra nas Redondas, un equipo que está a facer unha gran primeira volta, como afrontaredes ese encontro?

R- A verdade é que son un equipo de moi bos xogadores e moi serio que aspira ao ascenso pero nós ímolo afrontar da mesma forma que afrontamos os outros, tendo as ideas claras e intentar sacar algo positivo.

P –Esta tempada, os equipos da Costa non poderedes disfrutar do parón de Navidades pola disputa da Copa da Costa na que debutaredes ante o Cerqueda en Xaviña. Que esperades facer nesta competición?

R- É unha competición que non é o obxectivo principal para nós, pero intentaremos chegar o máis lonxe posible xa que é moi bonito ter a oportunidade de enfrontarte a grandes equipos da zona.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos