6.1 C
Santa Comba
miércoles, mayo 1, 2024

Chegou a primeira victoria do Dumbría

O máis salientable desta xornada do fútbol da Costa é a primeira victoria no que vai da tempada do Dumbría na Preferente Norte, ademáis de que Paiosaco, Soneira e Ponteceso seguen invictos nas súas respectivas ligas.

David Castro (@DavidCastro27)

Na Terceira División, o Bergantiños colliu aire logo de vencer este domingo ao Rápido de Bouzas, que era o líder da categoría ata que chegou a Carballo, nun partido no que os homes de Javier Oreiro dominaron de principio a fin.

Na Preferente Norte, o Paiosaco xa é o único equipo invicto da categoría. Os homes de Juan Riveiro superaron na Porta Santa ao Viveiro por 2-1, con dous goles de Josiño Vázquez desde o punto de penalti. Esta victoria coloca aos verdibrancos na cuarta plaza da clasificación a só un punto do líder.

Pola súa banda, o Laracha acadou a súa segunda victoria consecutiva logo de remontar o tanto inicial do Estudiantil con dous goles dun Taibo en plan estelar.

Mentres tanto, o Dumbría colleitou unha ansiada e necesaria victoria ante O Val. O primeiro triunfo da tempada para os dumbrieses, chegou grazas a un solitario gol de Adrián Nieto.

No que respecta ao Xallas, o equipo de Iván Cancela caía pola mínima en Riveira nun encontro de moitos goles.

O Soneira é máis líder da Primeira Rexional logo de vencer no Cairo ao Corme. Vía e Basti, ambos con dous goles, e Cristian Figueroa, cunha gran actuación, foron os protagonistas dunha victoria que se viu embazada pola lesión de xeonllo que sufriu o cormelán Alejo.

Mentres tanto, o Sofán viuse sorprendido no Carral por un intenso Agolada que tivo en Aitor Hurtado a súa estrela, quen fixo os tres goles do seu equipo.

Pola súa banda, o Outes viuse sorprendido por un necesitado Tordoia no Conchido e suma catro derrotas consecutivas ao igual que un Malpica que caíu pola mínima co Sigüeiro na Pedra Queimada.

Polo que respecta ao Baio, o conxunto que dirixe Óscar Suárez caíu derrotado ante o Val do Ulla que venciu no Platas Reinoso cun tempraneiro e solitario gol de Cristian.

A emoción está servida na Liga da Costa logo dos resultados desta xornada que deixa aos cinco primeiros clasificados en tan só catro puntos.

O líder sigue sendo o Ponteceso a pesares de perder os seus primeiros dous puntos da tempada ante un recén ascendido Cerqueda que está a realizar un gran comezo de liga.

Por detrás dos pontecesáns chega un Sporting Zas que se está mostrando moi sólido en defensa e que demostra xornada tras xornada a súa gran capacidade goleadora. A pasada fin de semana, os homes de Víctor Pazos superaron no Hermanas Patiño a un mermado Camariñas.

No partido da xornada, o San Lorenzo tivo a victoria na man cun 0-2 favorable pero tras eso aparecería Javi Suárez, un dos mellores xogadores da categoría para igualar o encontro.

Pola súa banda, o Castriz remontaría o tanto inicial do Ameixenda para poñerse cun 3-1 a favor pero os da parroquia ceense recurtarían distancias no marcador e os xalleiros acabarían pedindo a hora para acadar unha importante victoria.

Mazaricos e Fisterra non queren perder o fío do tren de cabeza e colócanse a tres e a catro puntos, respectivamente, do quinto clasificado tras gañarlle ao Cee e ao Porteño.

Mentres tanto, a Esteirana acadou a súa segunda victoria consecutiva logo de remontar un 3-0 a un Cabana que xa é colista da categoría.

Por fin chegou a primeira victoria do Volantes de Baño. Os muradáns, cun Yanky en plan estelar, superaron ao Coristanco pola mínima.

Por último, o Carnota colle aire a costa de un Buño que xa é penúltimo clasificado tras sumar a súa quinta derrota consecutiva.

O Corcubión perdiu a súa condición de invicto na Terceira Rexional ante un Laxe que está a sorprender polo gran inicio de tempada que está realizando.

Mentres tanto, o Montelouro reencontrouse coa victoria no Agra de Filgueira e conseguiríao goleando ao Muxía. 

Pola súa banda, o Camelle tamén colleitaría un importante triunfo ao golear ao Lira en Lombáns.

No que respecta ao Castrelo, os vimianceses voltarían á senda da victoria a costa dun Sporting Seaia que está mellorando co paso das xornadas.

Esta xornada, o Nantón foi o que disfrutou da xornada de descanso.

TERCEIRA DIVISIÓN

Bergantiños CF 2 – 1 Rápido de Bouzas CF

PREFERENTE NORTE

Agrupación Estudiantil 1 – 2 Laracha CF

UD Paiosaco 2 – 1 Viveiro CF

CF Dumbría 1 – 0 SD O Val

Atlético Riveira 4 – 3 Xallas FC

PRIMEIRA REXIONAL

SD Sofán 1 – 3 SD Agolada

Corme CF 1 – 4 Soneira SD

CD Baio 0 – 1 Val do Ulla UD

Outes CF 1 – 3 Tordoia CF

SCD Malpica 0 – 1 Sigüeiro CF

LIGA DA COSTA

CD Baíñas 2 – 2 SD San Lorenzo

UD Carnota 2 – 0 Buño SCD

SD Fisterra 4 – 2 CF Porteño

UC Cee 1 – 2 Mazaricos CF

Camariñas FC 0 – 3 Sporting Zas

UD Cerqueda 2 – 2 Ponteceso SD

Cabana SD 3 – 4 SD Esteirana

Volantes de Baño FC 2 – 1 SD Coristanco

SD Castriz 3 – 2 SD Ameixenda

TERCEIRA REXIONAL

UD Montelouro 5 – 1 Muxía CF

SD Laxe 1 – 0 UD Corcubión

Lira CF 0 – 4 Camelle SD

CF Castrelo 2 – 1 Sporting Seaia CF

Descansou CD Nantón

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos