9.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Exposto na Ponte do Porto un orixinal da Historia de Galicia de Ramón Marcote

Un orixinal da Historia de Galicia de Ramón Marcote co selo da secretaría da Asociación Hijos del Partido de Corcubión de La Habana pode verse na biblioteca do Colectivo PX de Ponte do Porto na praza do Outeiro.

É un dos poucos exemplares orixinais da obra deste escritor e activisita fisterrán do século pasado, emigrante en Cuba. Ademáis dun prefacio do autor a edición conta cun prólogo de Enrique Zas.

Ramón Marcote

Ramón Marcote foi bibliotecario do Centro Galego da Habana, naceu en Sardiñeiro no 1880 e emigrou a Cuba cando apenas tiña 18 anos. De 1905 a 1955 exerceu de bibliotecario. Intervén na fundación, no 1920, do Comité Pro Colón Español. Autor da exitosa Historia de Galicia. Compendio (1924), Colón pontevedrés (1920) e Contra España, no (1928).

Nun artículo publicado o 11 de setembro de 1924 en La Voz de Galicia por Waldo A. Insua, falaba de Ramón Marcote Miñarzo: «En otro orden, en el puramente histórico, surge un nuevo y muy excelente escritor gallego – D. Ramón Marcote- el cual acaba de publicar un »Compendio» de la ‘Historia de Galicia’, que es un admirable resumen de la misma, acomodado a la enseñanza de las escuelas por medio de preguntas y respuestas. Es un libro -añadía- de positivo valor y utilidad pedagógica y un medio eficaz de difundir en Galicia y en América, la historia de la región gallega, llena de sucesos notables y de gloriosas efemérides…».

Este mes por iniciativa de Modesto Fraga, Fisterra comezou a recordar a obra de Marcote coa publicación dun libro de artigos..

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos