O BNG presentou a súa candidatura para as eleccións municipais de Santa Comba nun acto desenvolvido no Restaurante Leandro que contou coas intervencións do deputado provincial Xosé Penas, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o candidato á alcaldía, Juan David Sixto. Foron presentados por Esther Vieito.
Evencio Ferrero puxo a Carballo como exemplo dun concello transformado por un goberno do BNG, e dixo que en “Santa Comba tamén é posible”. Penas puxo en valor a participación dos nacionalistas nos gobernos municipais.
«Rachemos e rompamos con todo o anterior»
Juan Sixto denunciou o abandono do medio rural por parte do executivo local:”O goberno esqueceuse de que Santa Comba tamén ten aldeas, desprezaron ao rural que está ninguneado e abandonado”.
Tamén criticou a xestión do goberno en materia de infraestruturas, o abandono das escolas rurais, o despilfarro e “o malgasto en fume” e en manter “un sistema caciquil”.
“Rachemos con todo e rompamos todo o anterior. Queremos devolver o concello ós xalleiros e xalleiras e que o concello non sexa o patio de recreo dos de sempre”.
Referiuse ademáis a problemática eólica e mineira: “Onde estaban o PP e o PSOE na problemática da depredación eólicas e nas minas de Varilongo. De qué lado está o concello neste tema?”.
Presentouse a candidatura, soou o himno galego interpretado polo gaiteiro Emilio Lois e houbo uns petiscos.
A candidatura do BNG de Santa Comba
1- Juan David Sixto
2- Esther Vieito
3-Lorena Rodríguez
4- Alexandre Antelo
5- Suso Ríos
6-Sara Martínez
7-Alberto Calvelo
8-Susana García
9-Jorge Labandeira
10-Fátima Sánchez
11- Laura Sar
12-Xavier Rial
13- Jéssica Remuiñán