7.4 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

XII Primavera Teatral en Paiosaco


Serán os venres 14, 21 e 28 a partir das 21:00 horas no centro sociocultural de Paiosaco.

O Concello presenta o programa da décimo segunda edición do ciclo de teatro de Paiosaco. A Primavera Teatral. Afianzado como un dos referentes da programación cultural municipal, desenvolverase ao longo do mes de abril no auditorio do centro sociocultural desa localidade e constará de tres espectáculos.


Do mesmo xeito que sucede cos Venres Teatrais da Laracha en novembro e con Teatro con Salitre de Caión en marzo, o Concello programa a Primavera Teatral en abril co obxectivo de ofrecer ao público local a oportunidade de achegarse ás artes escénicas presenciando espectáculos destas características.

«Arte» de Galeatro


A primeira cita será o venres día 14 con Arte sen guión da compañía Galeatro. A peza é unha especulación improvisada dun grupo de comediantes –Alba Bermúdez, Miguel Canalejo, Cris Iglesias, Nacho Martín, Tone Martínez- que, representando os entremeses compilados nun estraño códice da Idade Media, e enchendo as partes incompletas con axuda do público, pretenden dar resposta a se existiu o teatro medieval galego.

«El sorteo de Cásina»


O venres 21 é a quenda para El sorteo de Cásina, unha adaptación da obra clásica de Plauto, o primeiro gran comediógrafo da literatura universal, a cargo de Corzo Producciones.

«Bernarda» de Malasombra Producións


O ciclo pecharase o venres 28 con Bernarda, da compañía Malasombra Producións. A protagonista, interpretada por Luisa Merelas (coñecida polos seus papeis en Matalobos, Fariña e Casa Manola), tras quedar viúva a mediados dos anos ‘70 pretende que todo continúe sendo igual que sempre e que as que considera malas influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen nin a ela nin ás súas fillas, ás que dan vida ás actrices Celia González e Esther Aja.


Todas as funcións son recomendadas para maiores de 12 anos de idade. O horario será sempre a partir das 21:00 h, con acceso gratuíto para o público.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos