3.1 C
Santa Comba
domingo, marzo 31, 2024

Pontón pide implantar o “modelo de Carballo” en toda a comarca de Bergantiños

En Cabana de Bergantiños tivo lugar a presentación das candidatas e candidatos do BNG na comarca de Bergantiños coa presenza da portavoz nacional Ana Pontón.

Cabezas de lista en Bergantiños


A líder do Bloque estivo acompañada por Evencio Ferrero (Carballo), Carolina Castiñeiras (A Laracha), Xosé Antonio Andrade (Coristanco), Tatiana Rellán (Cabana de Bergantiños), Miguel Varela (Malpica de Bergantiños), Fátima Rodríguez (Ponteceso) e Xosé Manuel Pose (Laxe).


“O BNG, onde goberna, demostra que ten un modelo municipal transformador que fai avanzar en positivo” declarou. E puxo como exemplo o concello de Carballo que “é un referente en Galiza polo seu urbanismo sostible e á medida das persoas, pola recuperación e a cohesión dos barrios ou polos servizos públicos que ofrece”.

«O modelo de Carballo»


Pontón continuou:“Carballo destaca tamén polas súas políticas feministas e a favor da igualdade social, polo seu gran tecido empresarial e comercial, pola conservación do medio ambiente, polo seu espectacular dinamismo cultural e pola defensa da nosa lingua común, o galego”.


Neste contexto indicou que “o modelo de Carballo é o que o BNG quere para todo Bergantiños, con propostas en positivo, avanzadas, con determinación e con ilusión”.

O BNG afronta os comicios con optimismo: “É o momento de darlle unha oportunidade ao BNG o próximo 28M porque representamos o entusiasmo, o empuxe, a vitalidade e o optimismo que Galiza necesita. Estou convencida de que seremos a forza política que máis suba”, concluíu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos