16.8 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Balada no país de vento e néboa

“Balada no país de vento e néboa”

As vacas recréanse no espeso manto verde,

un neno bebe na fonte de pedra,

alborada de gaita nos cantís percebeiros,

país de néboa, terra de vento.

 

As verbas dos irmáns saben a regueifa

ringleiras de patacas, uvas que son verso,

mans que crean edificios de arte,

manchadas de barro.

Un río nace en cada poro da súa pel.

 

 

Aínda quedan redes e aparellos,

lobos de mar que atracan cansados,

nas prófugas tabernas do axexo,

onde amosan segredos dos seus mapas,

onde beben en vasos de cristal,

grolos de bitácora.

 

Aínda quedan sachos e lareiras,

resistencia de barudos carballos,

cantos mohicanos que se escoitan,

na boca dos fillos, pelegrinando.

 

Temos unha cachela desnortada, 

e a meiga sementando ovos rotos

en cada encrucillada,

temos colleita reservada,

dos séculos que pasan.

 

Unha aldea de osos carcomidos,

pulmóns carbonizados,

por querer vivir,

un soño azul con gris pesadelo,

e un camiño descuberto polos trasgos.

 

Xosé Manuel Lema 

Do libro Cartafol de Néboas

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos