– Xosé Manuel Lema-
Neste día das Letras Galegas non se me ocorre mellor cousa que compartir a recente entrevista que lle fixen á prezada Yolanda Castaño no programa “Na Encrucillada” de Radio Xallas.
Nesa charla a autora falounos do seu libro “Xela quixo ser ela”(Xerais). Como nos contou, foi “unha experiencia moi emocionante”, porque tivo a sorte, con anterioridade, de coñecer e admirar a Xela e a súa obra.Pero tamén, con este libro, puido “descubrir cousas que non sabía realmente fascinantes”. Esta obra está dirixida á rapazada pero tamén para os lectores adultos.
Máis que encher de datos as nosas cabezas o que quixo Yolanda foi “transmitir toda esa afouteza, o empuxe e a loita por perseguir os propios desexos, procurar a felicidade e ser ela mesma».
Unha actitude moi interesante:»Xela Arias pretendía sacar a poesía do sofá do lector, levala ás rúas, mesturala, baixala das academias e dos púlpitos». Esta foi a conversa que mantiven con Yolanda Castaño sobre Xela Arias.