5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Unha ferida nun nocello impide a unha muller continuar a marcha cando practicaba sendeirismo en Malpica

– AXEGA 112-

A muller que percorría a senda Camiño dos Faros, en Malpica, atopábase en Punta Ensubelas, nun lugar de difícil acceso, segundo indicou a persoa que chamou ao 112 para pedir axuda.Sobre as 15:15 horas desta tarde, unha persoa particular solicitaba asistencia sanitaria ao 112 para unha muller que non se podía mover. Indicaba que se atopaban na Costa da Morte, facendo a senda do Camiño dos Faros, nun lugar ao que só se podía acceder por terra e por aire.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil e dos membros do GES de Ponteceso. De igual xeito, informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade. Tamén os Bombeiros de Carballo foron avisados por se fose precisa a súa intervención.Finalmente, a muller, conseguiu chegar ata o punto onde a agardaba unha ambulancia para ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos