O cantante do trío Alborada e intérprete solista, Alberto Suárez, avanzou que a formación está preparando “unha sorpresa grande” para o regreso ás actuacións.“Temos moita ilusión neste proxecto. É un produto totalmente distinto e do que non se viu nada parecido” indicou o artista dubrés que engadiu que de momento “temos aínda algúns problemas loxísticos”.
De momento seguen os ensaios. Non oculta que están ansiosos por poder volver a tocar, cando mellore a situación:”Temos unhas ganas criminais de subir ós escenarios”.Tanto Alberto como o seu pai, José Manuel Suárez Nieto, continúan coas ensinanzas de acordeón en distintos concellos, e usando un método propio, pero adaptado á crise sanitaria.
Entrevista a Alberto Suárez – Trío Alborada- Desde o minuto 70
“Moita xente prefire dar as clases on line e hai xente que mestura con presencial. Nós estamos corrixindo erros, para ofrecer a aprendizaxe” explica Alberto Suárez.Aclara que os métodos telemáticos tamén implican un contacto e unha interacción co alumno:”Necesitamos ver o manexo do instrumento. Non só enviar o traballo, queremos ver a evolución do alumno”.
A pandemia fixo que moitos alumnos deixaran as clases, nun primeiro momento, pero “a xente volveu a retomar o tema e estamos máis ou menos traballando ao nivel de antes”.Nunha entrevista en Radio Xallas lembrou que “a música é o mellor que hai para combater estas historias”