8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

José Amigo, o xenio xalleiro dos pentagramas

Recuperamos hoxe e o publicamos na nosa sección de cultura un artigo eScrito por Xosé Manuel Lema sobre o músico de Santa Comba, José Amigo.

José Amigo Ramos é un home que vive vencellado a música desde moi neno, e que fixo desta expresión artística a súa vida. E certamente con éxito.
 
Desde as actuacións co grupo familiar “Os de Meanos”, ata as actuacións en solitario coa súa acordeón na Pista Jallas de Santa Comba, en Zas ou en Baio. A etapa de “Amigo y sus muchachos” e a da primeira banda de música de Santa Comba.
 
Cruzou o “charco” para facer historia. Primeiro na orquestra “Alegrías de España”. Actuacións por todo o Brasil e gravacións na histórica casa Phillips. Pero o mellor estaba por chegar. A emblemática orquestra Casino de Sevilla chamou a súa porta.

 

Casino de Sevilla

“Foi como xogar no equipo da túa aldea e fichar polo Real Madrid” ténme comentado José Amigo.Porque Casino de Sevilla era outra historia, e Amigo Ramos converteuse na alma máter desta formación. Gañouse a pulso unha reputación moi destacada. Concertos en Arxentina, Uruguai ou Chile, discos que se venderon a esgalla e espectáculos en distinguidos clubs de Brasil. 

Ata o mesmo Presidente Juscelino Kubitschek desfrutou daquelas músicas que tocaban “de memoria” e daquelas coreografías fantásticas.
 
Ata que o mestre de Grixoa quixo retornar a Galicia. Quería repousar despois de anos de moito traballo. Non tardou moitos meses en ser fichado por outra orquestra de renome, Los Satélites. José Amigo nunca deixou de compoñer. Despois dunhas tempadas na formación herculina, contribuiu a creación da banda de música de Ponteceso e ao rexurdimento da banda de Santa Comba. É certo que José Amigo Ramos xa recibiu varios recoñecementos pero tamén é verdade que a súa historia merece ser contada.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos