Programa +Q Libros en Dumbría
O concello de Dumbría pon en marcha o vindeiro sábado o programa + Q Libros – 2018 que consiste en distintas xornadas de obradoiros e actividades nas diferentes bibliotecas do concello, e que se prolongará ata despois das Letras Galegas.
Deste xeito o concello de Dumbría segue apostando pola cultura e pola dinamización destes espazos tan importantes como son as bibliotecas.
Esta é a programación e a información que nos achegan desde Dumbría.
> 21 abril_17:30 h_Instalacións do Conco – Dumbría.
Títeres: A Festa de Barriga Verde. Espectáculo de títeres para nenos.
> 28 abril_17:30 h_Casa Cultural de Buxantes.
Obradoiro infantil de cociña.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 26 abril
> 5 maio_17:30 h_Casa Cultural de Berdeogas
Maxia: Apren-Deimi. Obradoiro de maxia + actuación
No obradoiro poñeranse en práctica xogos como: desaparición de moeda en vaso, ilusións con gomas elásticas, aparición e desaparición de moedas en panos, corda estragada e recomposta…
Número de maxia que abarca: o escapismo, a cartomaxia, aparicións, transformacións, aparicións de coello, maxia con lume, levitacións, mentalismo, …. Maxia moi variada e divertida con toques de humor e moi interactivo co público.
Obradoiro en colaboración enmarcado no programa Cultura no Camiño 2018.
> 12 maio_17:30 h_Casa Cultural de Olveira
Obradoiro infantil de manualidades.
Para participar é necesario inscribirse no concello ou casas culturais. Data límite: 10 maio.
> 19 maio_17:30 h_Edificio Bitácora – O Ézaro
Títeres: Redoblante e Meñique.
Conta o titiriteiro a historia do sabichoso Meñique, un neno tan pequecho que durmía na bota do seu
pai e tan intelixente que derrotaba aos magos, xigantes e maleficios.O público é participe do espectáculo e o final.