11.4 C
Santa Comba
domingo, mayo 19, 2024

O PP denuncia a falta de «Muxianas»

O Partido Popular de Muxía denuncia a ausencia da credencial para os peregrinos coñecida como “Muxiana”.


Segundo os populares “o sector turístico atópase sen Muxianas nunha falta de previsión clarísima do goberno local que tivo todo o inverno para abastecerse das credenciais que se lle entregan aos peregrinos que rematan o seu Camiño en Muxía”.


Consideran que está credencial é “un estímulo” para os peregrinos e “ o feito de que non se estean expedindo non deixa de ser un exemplo máis da deixadez, incapacidade e desinterese do goberno local polo sector turístico muxián”.


O PP acuda ao goberno local do PSOE de desprezar ao sector turístico e poñen como exemplo o galardón concedido por Booking “premio este que se outorgou como mérito propio o goberno local sen facer sequera unha pequena mención a todos os que conforman o sector que son os verdadeiros artífices deste logro ademais dos propios veciños e veciñas de Muxía”.

Piden ao goberno local que “xa que non son quen de promover ningún tipo de proposta para mellorar o eido turístico que alomenos non acaben co que hai e co que outros fixeron e que doten de Muxianas ao sector á maior brevidade xa que, por sorte, Muxía xa está recibindo centenares de persoas a diario”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos