11.5 C
Santa Comba
lunes, abril 29, 2024

«A Cooperativa non recibe ningún recurso do Concello de Corcubión para a súa actividade»

O goberno local de Corcubión respondeu as críticas lanzadas desde o PSOE, explicando que “Terra Creativa non é un proxecto municipal senón un proxecto que se desenvolve desde a alianza entre a Asociación Boca de Sapo, a Cooperativa Azul máis Verde e a Asociación Universidade Cromática das Virtudes.”

Aclaran que Terra Creativa e un proxecto de 13 meses de duración que dá continuidade a un traballo inicial de Boca de Sapo no Monte Cambeiro que é un espazo de “de titularidade municipal en cesión baixo un Acordo de Custodia de Territorio desde o 2021 á Asociación Boca de Sapo”.

Engaden que “os obxectivos conceptuais e de xestión do proxecto nada teñen que ver coa política e xestión municipal”.

Xestión municipal

E con respecto á xestión municipal fan un balance de xestión citando o programa “A maxia da Cultura”, presentacións de libros na Biblioteca municipal, Circuito de Teatro Amador, e actividades do Día Internacional da Muller Rural, Samaín, 25-N, Nadal, Andaina pola Igualdade, Día de Rosalía, etc.

Sinalan ademáis que a Concelleira de Cultura, Benestar, Igualdade e Muller, María Bella “ten un compromiso no actual goberno dunha adicación parcial establecida en 20 horas semanais, a que compaxina coa súa profesión na xestión e produción cultural á que leva dedicándose máis de vinte anos, no último tempo, tamén como parte da Cooperativa Azul máis Verde”.


E engaden que a citada cooperativa “non recibe ningún recurso do Concello de Corcubión para o desenvolvemento da súa actividade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos