A alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez Sisto, recolleu o compromiso do xefe territorial do Servizo de Infraestruturas e Mobilidade, Felipe de la Vega Gándaras, de adoptar medidas inmediatas ana problemática recta da Anchoa.
Segundo Domínguez de la Vega comprometeuse “ a reducir a velocidade a 50 Km/h e a prohibir os adiantamentos en toda a recta da Anchoa” así como a autorizar a instalación de dúas marquesiñas en Sardiñeiro que calificou de “demanda histórica”.
A alcaldesa agradeceu interese pero tamén amosouse sorprendida: “Parece incrible que durante décadas ningún alcalde fixera as xestións necesarias para que se adopte algún tipo de medida para mellorar a seguridade na recta da Ancho e, sorprende moito máis, cando se viñeron producindo accidentes mortais nesta recta”.