Dúas persoas feridas nun accidente en Vimianzo

Información facilitada por AXEGA 112

Dúas persoas resultaron feridas tras colidir un turismo e unha furgoneta en Vimianzo
Os Bombeiros de Santa Comba axudaron ao persoal sanitario a evacuar ás dúas feridas, sen ser preciso o uso do material de excarceración.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que acudiron ao punto nada mais recibir o aviso dos xestores do 112, derivou ao lugar dos feitos unha ambulancia e un helicóptero, aínda que, finalmente, as dúas mulleres feridas puideron ser trasladadas, por terra, no vehículo sanitario.

Ás 11:00 horas desta mañá, unha persoa particular implicada no accidente, pedía axuda ao 112 Galicia. Indicaba que colidiran un turismo e unha furgoneta ao seu paso polo concello coruñés de Vimianzo, na AC-552, quilómetro 74.6, á altura de Berdoias. Solicitaba aos xestores de emerxencias asistencia sanitaria para ela e para a súa nai, que nese momento non atendía a estímulos, segundo o seu relato.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos profesionais derivaron ao lugar unha ambulancia e un helicóptero medicalizado. Do mesmo xeito, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade. Así mesmo, foron informados os operarios do servizo de mantemento da vía.

Unha vez no punto, tras comprobar o estado das feridas, os Bombeiros do Xallas comunicaron ao 112 Galicia que non foi necesario excarcerar, as feridas estaban totalmente liberadas e accesibles, iso si, axudaron ao persoal sanitario a evacuar ás persoas, que finalmente, puideron ser trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,260SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos