17.1 C
Santa Comba
domingo, mayo 12, 2024

A alcaldesa de Fisterra comeza o mandato sen soldo

A alcaldesa de Fisterra, Áurea Domínguez Sisto non logrou os apoios necesarios para que saíra adiante a súa proposta dunha retribución salarial de 44.140 euros brutos anuais, para unha dedicación dun 95%.

Alternativa: «Non se pode representar ao pobo e non cobrar»

Foi a proposta da Alternativa dos Veciños. Francisco Martínez lembrou que “todo os alcaldes cobraron polo desempeño do seu cargo”. Aínda que foi matizado polo José Manuel Traba(PP) que puntualizou que non cobrara un dos doce anos que estivo no poder. “Non se pode representar ó pobo e non cobrar” sinalou Martínez Traba.

PP: «Non temos culpa de que vostede estea aí»

Votaron en contra os concelleiros do PP e do PSOE. Luis Insua indicou que era “obriga” da alcaldesa “encontrar apoios” e deixou claro que o PP non cre “na súa política nin no seu programa baseado en falacias e imposibles. Non temos culpa de que vostede estea aí”.

Lembrou que o PP foi a forza máis votada e lamentou que o seu grupo fora chamado a última hora para este tema, lamentando que “só se nos teña en conta para un tema particular”. Emprazou a Domínguez a “negociar”.

PSOE: «Non teñen proxecto para Fisterra»

Desde o PSOE, José Marcote, recriminou que foi a propia mandataria a que hipotecou o seu mandato coa “vella estratexia de que non lle daría os votos a ninguén”.

A xuízo de Marcote esa estratexia “non serve para o día despois das eleccións e pode ter efectos secundarios negativos”. E polo visto o do salario xa é un deles.

Os socialistas perciben un goberno “sen capacidade de manobra e sen proxecto para Fisterra”.

BNG:»A dedicación ten que ser total»

O edil do BNG, Xan Carlos Sar, votou a favor da proposta xa que considera que o traballo debe ser remunerado e “levar o peso do concello é unha responsabilidade inmensa”.

O portavoz nacionalista considera que “a dedicación ten que ser total , do 100%” para “ non abrir a porta a adicarse a traballos particulares”.

Domínguez: «Non alcanzo a entender os motivos desta decisión»

Pola súa banda, Áurea Domínguez Sisto criticou a postura de PP e PSOE ós que acusou de “quere escravizarme” ao “negarme a asignación salarial”, e preguntouse se detrás deses votos podería haber “unha decisión sexista”, xa que os anteriores mandatarios sí que cobraron.

“Non alcanzo a entender os motivos desta decisión” manifestou a alcaldesa que tamén aludiu ao “revanchismo” dunha parte da oposición mais confirmou que “vou a traballar” polo concello.

Tampouco se aprobou a composición das comisións informativas. Desde o PP entenden que “non é unha proposta axustada á proporcionalidade dos membros do pleno”.

Os concelleiros cobrarán 100 euros pola asistencia a plenos, comisións ou xuntas de goberno. As sesións terán carácter bimensual e será o primeiro xoves.

Francisco Martínez é o primeiro tenente de alcalde e coordinará as áreas de Servizos Sociais e Participación Cidadá, Educación, Cultura, Deporte e Sanidade, Seguridade Cidadá e Orde Público, e Francisco Antonio Lestón será o segundo tenente e responsable de Urbanismo, Obras e Servizos Municipais, Medio Ambiente, Pesca e Marisqueo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,240SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos