8.6 C
Santa Comba
jueves, marzo 13, 2025

Dúas persoas feridas nun accidente en Coiro, no concello de Mazaricos

Informa- AXEGA 112 – Foto-GES Muros

Unha das persoas que resultaron feridas precisou da intervención dos Bombeiros de Santa Comba e dos membros do GES de Muros tras quedar atrapada no interior do vehículo.

Dez minutos antes das 00:00 horas desta pasada noite unha persoa particular informaba ao 112 Galicia do accidente. Indicaba que un vehículo se saíra da vía na AC-400, quilómetro 80, en Coiro, no concello de Mazaricos, e que un dos ocupantes estaba ferido e atrapado no interior do coche.

Desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Santa Comba, que decontado se desprazaron ao punto. Do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos membros do GES de Muros, da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mazaricos.

Así, unha vez no punto e situado o accidente na DP-4501, entre Beba e Vilariño de Beba, os Bombeiros e os membros do GES procederon a liberar ao ferido que quedara atrapado no interior do vehículo.

Con todo, os servizos sanitarios confirmaron o traslado de dúas persoas ao centro hospitalario de referencia.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,110SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos