Santa Comba “tapea” coa ruta organizada pola asociación de empresarios entre o 10 e o 19 de marzo.
Participan Bar Pive, Café Bar a Nosa Vila, Café Bar Novo Pardiñeiro, Cafetería Rafael, Cervecería D’Mara, Cervecería Triskel, Hotel Xallas, Restaurante Cervantes, Restaurante Tío Paco, Talladas Gastrobar.
O prezo de cada tapa é de 2 euros. E o horario de degustación os venres, sábados e domingos de 12 a 15h e de 19 a 23h entre o 10 e o 19 de marzo.
Os “tapeadores” que completen a ruta, co pasaporte completo, puntuarán as tapas, escollendo as tres premiadas desta edición.
Pero ademais optarán a distintos premios como vales de comprar de 100, 75 e 50 euros respectivamente, e lotes de produtos de estética e beleza, ou viño, así como unhas gafas, unha mochila e un bolso.
Esta é a relación de tapas que se poderán degustar: Volcán de puré con solomillo ibérico, Tosta de marisco e cogomelos, Taco d’mara style, Tenreira guisada en salsa de castañas, Yuca con mojo caribeño, Hot dog xalleiro, Carpaccio de polbo en ensalada, Costela feita sen présa, Costela barbacoa deluxe e o Takod’aki.