9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Mónica Rodríguez continúa “para que Vimianzo siga medrando e avanzando”

A alcaldesa de Vimianzo volverá a encabezar a candidatura do PSOE despois do apoio unánime da asemblea local.

Mónica Rodríguez, con emoción, forza e ilusión

Mónica Rodríguez sinalou:“Estou profundamente agradecida e é para min unha honra que se me permita volver repetir como candidata das siglas do Partido Socialista. Síntome comprometida e identificada co presente e co futuro deste municipio e afronto esta confianza depositada con emoción, forza, ilusión, e sobre todo con ganas de seguir traballando no proxecto que considero que Vimianzo necesita. Foron catro anos nos que todo o equipo socialista traballamos por trasladar o noso proxecto ás catorce parroquias que conforman o noso concello e queremos seguir traballando e seguir avanzando por e para estas catorce parroquias”.

Desde a agrupación socialista vimiancesa aplauden a continuidade de Rodríguez para seguir “desenrolando o proxecto socialista para que Vimianzo siga medrando e avanzando cara o éxito”.

«Mónica é a candidata idónea»

E puxeron en valor ás actividades que se veñen desenvolvendo dende o Concello no transcurso destes catro anos nos cales o municipio “se encheu desa vida que tanto necesitaba a poboación e os negocios da vila” e engadiron que se senten “afortunadas e afortunados de contar con Mónica como candidata” de quen aseguran que “é a persoa correcta, a candidata idónea para levar a cabo unha acción política de goberno comprometida, progresista, feminista, igualitaria e de diálogo, que tanto merecemos as veciñas e os veciños de Vimianzo”.

Asistiu á asemblea o secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro quen, ademáis de animar a toda a militancia a seguir traballando e a continuar sendo “ese apoio e axuda incondicional” para o partido e para a rexedora, manifestou a súa total confianza “na extraordinaria labor” que desenvolveu o partido socialista neste Concello durante estes catro anos, salientando que a súa líder “é sen dúbida algunha, a mellor das candidatas e temos claro que seguirá sendo a alcaldesa da vila”

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos