9.1 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Investimento de máis de 50.000 euros para melloras no Centro de Saúde de Val do Dubra

A Xunta de Galicia investiu máis de 50.000 euros en melloras no edificio do Centro de Saúde do Val do Dubra.

As actuacións consistiron na instalación dunha porta automática na entrada do edificio, na substitución da caldeira de gasóleo para calefacción e na realización de accións de mellora e acondicionamento tanto no interior como no exterior do edificio.

Visita da Xerente

As obras foron inspeccionadas pola xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez, o director de Atención Primaria, Felipe Calle, e polo subdirector de Recursos Económicos, José Manuel Fernández Torres, nunha visita ao consultorio.

O investimento tamén serviu para a instalación de mosquiteras en todas as fiestras e dunha mampara para independizar a zona de pediatría e a substitución das luminarias por LED para conseguir mellor luminosidade e aforro de enerxía dun 50%.

Estas necesidades xa foran demandadas polo equipo de goberno dubrés que preside José Manuel Varela.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos