10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Presentouse en Santa Comba a asociación “Unha amiga sabe ver que necesitas unha aperta”

“Unha Amiga sabe ver que necesitas unha aperta” nace da inquedanza dun grupo de afectados e de familiares encabezados pola primeira presidenta da Asociación, Ana Ferreiro Gerpe, que nos últimos anos teñen que convivir e loitar co cancro na Terra do Xallas. Ademáis da luz de apoio entre os afectados directos, doentes e familiares, existe o inestimable respaldo de todo o Cadro Médico do Centro de Saúde de Santa Comba, encabezado pola súa máxima responsable Dolores López Fernández, que abriu as locucións nesta posta en marcha da Asociación.

A doctora López Fernández agradeceu ó equipo sanitario do centro que “se volcara desde o primeiro día cunha iniciativa que lle achegou unha paciente, e agora amiga, e que vai a vertebrar información e apoio por parte do persoal que coordina para pacientes e familiares. Ë moi importante ó mesmo tempo o empoderamento dos propios pacientes para afrontarcon forza os procesos polos que pasan na enfermidade.”. Tamén quixo resaltar que, dentro do Plan Local de Saúde que se está a desenvolver en colaboración cos concello de Mazaricos e Santa Comba, vai a primar a prevención e a difusión de hábitos saudables, sobre todo no referente á nutrición e ó exercicio físico.

Tamén a Alcaldesa de Santa Comba María Pose quixo sumarse tanto de maneira institucional como persoal a unha iniciativa que calificou de “moi necesaria, porque nos toca a todos” e ofreceu o máximo apoio e a colaboración que se necesite por parte do concello aos promotores da asociación.

Presentouse en Santa Comba a asociación “Unha amiga sabe ver que necesitas unha aperta”

Unha amiga sabe ver que necesitas unha aperta

Unha das enfermeiras do Centro de Saúde de Santa Comba, Raquel Cotelo Vázquez realizou unha completa presentación informativa sobre a enfermidade oncolóxica, cómo pode desencadearse, con compoñentes xenéticos, externos e de hábitos e, focalizou a atención nestes últimos, sobre todo nos que poden previr de maneira directa como son a alimentación equilibrada e unha nutrición completa e o exercicio físico moderado.

Outra das doctoras do centro de Saúde, Ana Seoane, ampliou a referencia á nutrición apoiándose nun documento audiovisual ilustrativo dos cambios positivos que se poden xerar en calqueira proceso de enfermidade desde os hábitos alimenticios “máis primitivos pero moito máis saudables” que se acheguen ao producto natural, cunha taxa de nutrientes por caloría moi alta e que se alonxe dos procesados, lamentablemente tan en auxe na sociedade actual.

Presentouse en Santa Comba a asociación “Unha amiga sabe ver que necesitas unha aperta”

Tamén tomaron a palabras diferentes membros da directiva, familiares directos de afectados, que agradeceron o apoio á iniciativa e destacaton a actitude positiva como unha das claves para afrontar os tratamentos e o importante que debe de ser o apoio aos cuidadores.

A presidenta Ana Ferreiro pechou o acto agradecendo a implicación tanto do Centro de Saúde, como do Concello e sobre todo da xente que a animou a poñer en marcha un grupo no que se poidan compartir experiencias e se axude a afrontrar esta enfermidade con esperanza e forza para superala.

Nota de prensa REMITIDA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos