6.2 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

Iago Toba: “Se non denuncia, denunciarei eu por dicir o que non é. Os veciños de Muxía non merecen isto»

O alcalde de Muxía, Iago Toba, sentiuse molesto coas “declaracións indecentes” da portavoz do Partido Popular en Radio Xallas e recollidas neste medio.

Emprazou a Sandra Vilela a pasar das palabras ós feitos:”Onde ten que denunciar isto é na Garda Civil.Hai que ser responsables e ter honestidade. Tiña que ir automaticamente a un cuartel”.

E foi más alá:”Se se sente ameazada que denuncie. Iso é banalizar problemas gravísimos que están pasando. Se non denuncia ela, denunciarei eu, por dicir o que non é. Os veciños de Muxía non merecen isto”. Non lle parece ben que se mencione “o entorno do alcalde” atribuindo o tipo de condutas sinaladas por Vilela.

Toba asegura que “a xente esta moi descontenta coa actitude do PP. A súa portavoz está desacreditada en Muxía pero non e culpable o alcalde”. Considera que o motivo é a “política ruín” que está a facer.

O alcalde confirmou que o POS alternativo presentado por PP e non adscritos “ímolo a aprobar a pesar de ser unha atrocidade. É un plan pésimo e lamentable pero imos votar que sí porque son cartos dos muxiáns”.

Adiantou que “este goberno non vai a deixar que se cometan inxustizas”, polo que as obras que non se recollen neste plan formará parte “da ampliación do plan rural de obras”.

Entrevista a Iago Toba en Radio Xallas- Desde o minuto 26

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos