10.3 C
Santa Comba
martes, abril 22, 2025

Sandra Vilela:»Agora mesmo en Muxía non vivimos en democracia. Ese é o problema”

A portavoz do Partido Popular de Muxía, Sandra Vilela, expresouse con rotundidade en referencia a situación política do concello:“Si para devolver a democracia a Muxía temos que quedar un ano sen POS, compénsanos..Agora mesmo en Muxía non vivimos en democracia. Ese é o problema”.

En declaracións a Radio Xallas, Vilela afirmou que ao saír do último pleno “Persoas moi cercanas ao alcalde, estábannos ameazando físicamente, con que nos ían a pegar, a arrancar a cabeza, isto é o que está pasando en Muxía”.

Tamén afirmou que lle chegou o comentario de que “personas do entorno do alcalde que os ián a facer pintadas”.Asegura que é unha situación que se mantén desde fai tempo e “temos que contalo”. 

“O alcalde non cumpre a súa palabra”

Sobre o POS cualificou de “sorprendente” que “o alcalde dounos trece horas para facer un POS alternativo pero non convocou o pleno”. E pensa que foi “unha chantaxe máis” do mandatario socialista.

Vilela responsabiliza a Iago Toba da situación do POS:“Non cumpre a súa palabra. Non acaba de comprender que ten tres concelleiros de trece e que o pleno é soberano.Non houbo nin unha soa chamada para que aprobáramos o seu POS. Tiña o compromiso de negociar. E tamén é a súa obriga”

Sobre o comunicado de veciños de Figueroa e Martineto, Vilela tamén respondeu con contundencia:”Ata hoxe eu non había cruzado unha palabra con eses veciños. Esa nota de prensa é falsa. Eu non lle dixen iso ós veciños”. 

Ten claro que que é “unha forma moi rastrera de tentar instrumentalizar os veciños”.Tamén anunciou a petición dun pleno extraordinario para que se financiaran estas obras pendentes con cargo ao remanente.

Entrevista de Sandra Vilela en Radio Xallas- Desde o minuto 31

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos