9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Denuncian unha agresión ao presidente do comité de empresa de XEAL

O comité de empresa de XEAL manifestou a súa  “total repulsa á agresión sufrida polo presidente do órgano de representación do persoal, durante a noite do pasado sábado” e solidarízase con Alfonso Mouzo.

Segundo un comunicado deste órgano “O compañeiro Alfonso foi brutalmente atacado na noite do sábado por varias persoas que teñen relación coa empresa (de carácter contractual, por parentesco familiar e incluso algunha delas con responsabilidades directivas”.

Sinalan que “a causa da malleira que lle propinaron tivo que acudir a urxencias con contusións por todo o corpo e varias lesións, que precisarán de intervención cirúrxica”.Para o comité “este suceso intolerábel, ao máis puro estilo mafioso, é resultado do clima de crispación que a empresa está xerando entre o cadro de persoal no marco do actual conflito polo convenio colectivo”.

Informan que adoptarán todas as medidas sindicais e xudiciais “que sexan necesarias para que se depuren responsabilidades, porque este tipo de actuacións violentas non poden quedar impunes”.

O propio Alfonso Mouzo xa denunciou estes feitos na Garda Civil e desde o comité anuncian que esixirán á XEAL “que se posicione de maneira inequívoca e abra a correspondente investigación interna para depurar responsabilidades”.

O comité ten convocada unha nova concentración para este mércores, día 22 de decembro, ás 17:15 horas, na fábrica de Brens (Cee), “polo mantemento do convenio colectivo de empresa e na defensa dos dereitos conquistados polo persoal, así como para rexeitar calquera tipo de agresión as nosas compañeiras e compañeiros”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos