A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, asegurou que a súa organización entende que a unha folga de entregas no sector lácteo é “unha medida válida” pero advirte que “non se pode frivolizar sen haber un acordo maioritario no sector”.
Para Vilalba “calquera reivindicación que teña apoio e haxa moita xente detrás firme para sostela é boa”, máis “o importante é que vaiamos todos a unha con todo o sector lácteo unido”.
Isabel Vilalba en Radio Xallas desde o minuto 36
Na sintonía de Radio Xallas declarou:”A folga de entregas é unha medida xa final e dura. E como pedirlle , por que é como pedirlle a calquera obreiro que tire parte do seu salario, e nas granxas significa seguir pagando os gastos”.
Pediu ademáis que “non se engane ao sector” xa que nha folga non supón un incremento automático do prazo do leite en orixe:”Onde hai garantías de que o prezo de vaia a poñer en o,40 céntimos.Ou metemos a xente a tirar o leite e non se consigue nada?”.
Desde o S.L.G. opinan que se trata dunha alternativa “última” xa que “aguantala ten un alto custe”.