7.9 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Diego Díaz:”Boto de menos que este goberno non pense. A política non é un clube de colegas”

O portavoz do Partido Socialista no concello de Val do Dubra amousome “asombrado” polo xeito de actuar e pola falta de planificación do actual goberno tripartito liderado por José Manuel Varela.

Diego Luís Díaz afirma que non lle gustan as actuacións que se están desenvolvendo “nestas pedras icónicas do Val do Dubra”. Refírese ao miradoiro do Picoto de Arnexo.

Descoñece o proxecto pero o uso de formigón e a introdución de elementos nunha zona moi sensible, leváronno a pedir a paralización dos traballos e o acceso ao proxecto “ata coñecer o impacto que pode ter no entorno”.

Entrevista a Diego Díaz- desde o minuto 61

Pensa que se podería mellorar a sinalización ou acometer a limpeza da zona:”Boto de menos que non pensen estas persoas que se dan de entendidas en obras”.

En declaracións a Radio Xallas, para o voceiro socialista esta mala planificación repítese noutras actuacións. Tamén lamenta a falta de dinamismo e xestión no goberno e que tamén de comunicación sobre actos municipais:”A política non é un clube de colegas. Hai que ter un mínimo de respecto institucional”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos