11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

A oposición dubresa pide a paralización das obras do miradoiro do Picoto

O portavoz de Anova no concello de Val do Dubra, Antonio Negreira, pediu este luns “que se paralicen as obras que o goberno local está a realizar no Picoto de Arnexo para evitar un posible dano medioambiental irreparable”. 

Tamén o fixo o portavoz do Partido Socialista, Diego Luis Díaz:“Tiñamos coñecemento de que o Goberno municipal solicitara unha subvención á Xunta de Galicia para levar a cabo un mirador no Picoto, por un importe de 48.380,64 euros, sin coñecer mais datos do que querían executar realmente”.

Os socialistas pediron copia do proxecto e non están de acordo coa instalación dun balcón de aceiro:“Non nos opoñemos a poñer en valor os nosos enclaves naturais, pero sempre que non danen o entorno, polo que temos claro que non imos respaldar un proxecto que destrua un dos iconos do noso municipio”.

“Esta obra súmase ao desnortado xeito de planificar do concello, que nos últimos tempos sorprendeunos con diferentes intervencións como a dun parque infantil na Telleira, enriba dunha estrada con moito tráfico e nun lugar no que nin tan siquera existen beirarrúas, ou a ampliación da depuradora de Bembibre, que dará servizo a un polígono inexistente, do que aínda nin temos os terreos adquiridos” engadiu Díaz.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos