10.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Reunión coa Xunta para que Protección Civil de Ponteceso “volva a dar un servizo digno a todos os veciños”

Segundo informan desde a Xunta Directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteceso, esta semana mantiveron unha reunión coa Secretaria Territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, Patricia Rodríguez Franco e co Xefe do Servizo de Emerxencias provincial da Xunta de Galicia, Victor M. Vázquez Pérez “co fin de solucionar a delicada situación na que se atopa a agrupación de Ponteceso”.

Segundo indican desde esta entidade “dende o ente autonómico non dan crédito a maneira de actuar do alcalde ante feitos coma o de excluir da vacinación pese a ser persoal esencial a certos voluntarios sen explicación algunha e enviando a outras persoas que non eran voluntarios, a orde de retirada dos vehículos da agrupación a xunta directiva para mantelos na base operativa pero que contrariamente se atopan en vivendas privadas, o intento de realizar un golpe de estado contra a directiva e poñer a dedo a xente que nin está dada de alta coma voluntario ou dispoñer a voluntarios para traballos que nada teñen que ver coa Protección Civil, sendo usados so para o interese persoal”.

Informan tamén que se acadou “un firme compromiso para empregar todos os medios necesarios para dar fin a esta situación o mais axiña posible para que a Agrupación de Protección Civil de Ponteceso poda volver a dar un servizo digno a todos os veciños de Ponteceso”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos