12.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Rubén Lorenzo reafirma o compromiso da Xunta co emprego en Xeal e lamenta a “política caótica” do goberno de Pedro Sánchez

”Parece que hai unha competición entre o PSOE e o BNG para atribuirse a defensa dos traballadores de XEAL” declarou o deputado carballés en Radio Xallas.

Entrevista a Rubén Lorenzo a partir del minuto 15

O deputado autonómico do Partido Popular, Rubén Lorenzo, explicou que a Xunta mantén a súa opinión con respecto a antiga Ferroatlántica:”Seguimos pensando que a mellor forma de defender os empregos en Dumbria e Cee é seguir vinculando a actividade hidroeléctrica e a de ferroaliaxes”.

Afirmou que o goberno galego “está de lado dos traballadores” e lembrou que “no ano 2017 Ferroatlántica intentou segregar as dúas actividades pero a Xunta de Galicia fixo cumprir ese acordo da concesión”.

Para Lorenzo Gómez “toca ser máis executivo e menos reivindicativo”. Amosouse optimista de cara ao futuro:”Penso que Xeal pode recuperar a actividade e a produción nos cinco fornos”.

Política improvisada do goberno central

O que sí criticou foi a “política enerxética, caótica e improvisada do goberno de Pedro Sánchez”. O atraso no estatuto electrointensivo foi prexudicial e ademais “consideramos que o prezo da enerxia é un factor vital para o desenrolo para estas actividades”. Neste senso dixo que estes prezos supoñían unha desventaxa con respecto ós competidores europeos de Xeal.

E tamén falou da merma de axudas do estado:”No ano 2017 ingresaba no concepto de ininterrumpibilidade 28 millóns de euros e no ano 2002 tan só ingresa 2 millóns”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos