Un lobo mariño vivo chegou á praia de Balarés, no concello de Ponteceso, este sábado pola tarde. As persoas que o avistaron na costa, de maneira casual, deron aviso a Protección civil da localidade. Tamén se avisou á coordinadora de estudos mamíferos CEMMA.
Precisamente desde esta entidade sinalan que se trata de » Doqui», un lobo mariño cincento que foi avistado recentemente pola zona e que desde hai meses percorreu toda a costa norte de Galicia e parte de Asturias.
O concelleiro de Ponteceso e membro de Protección Civil, Salvador Eiroa Ameijenda, foi unha das primeiras persoas que detectou a presenza de «Doqui» nesta zona.