8.2 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Gonzalo Trenor: “María Pose é a mellor embaixadora de Santa Comba”

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, incidiu en Radio Xallas no feito de que “Santa Comba volveu ás relacións institucionais normais”, destacando a vontade da alcaldesa:“María Pose é a mellor embaixadora de Santa Comba.É  a persoa que máis fala de Santa Comba, que máis traballa e que máis pide para Santa Comba. Xa cando estaba na oposición sempre nos pedía que non nos esquencéramos deste concello”.

Entrevista a Gonzalo Trenor desde o minuto 66

Sobre o encontro mantido esta semana na casa consistorial xalleira, Trenor opina que “foi unha reunión moi produtiva, con moitos proxectos enriba da mesa” que confía que se convirtan en “inversións para Santa Comba”.

Entre as demandas plantexadas por Pose Rodríguez figura a necesidade  de acometer melloras no Centro de Saúde e nos centros educativos. O delegado confirmou que se realizaran os “estudios pertinentes” para “poder efectuar as melloras”.

Axudas non pedidas polo anterior goberno

Aplaudiu o cambio de dinámica representado polo novo goberno xalleiro, lamentando que o anterior executivo, presidido por David Barbeira, non pedira todas as axudas ás que podía acceder como “o fondo de compensación ambiental, de infraestruturas da Vicepresidencia da Xunta ou de Augas de Galicia, que quedaron sen pedir”.

Algo “incomprensible” para Trenor:”Cando un concello non lle plantexa proxectos ao delegado algo está fallando e cando non se fan as solicitudes tamén, porque penso que a Santa Comba non lle sobra ningún euro”.

Estrada de Portomouro

Tamén se referiu a estrada de Santa Comba a Portomouro. “Temos un compromiso totalmente firme e o proxecto de redacción dunha nova fase está avanzando”. Lembrou que se incorporara o proxecto ás propostas dos fondos Next Generation, lamentando que “O Ministerio exclúe aos concellos de menos de 50.000 habitantes destes fondos, pero nós seguiremos apostando porque estes fondos sigan chegando aos municipios”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos