6.7 C
Santa Comba
jueves, marzo 28, 2024

Gonzalo Trenor destaca “o cambio de dinámica” que houbo no concello de Santa Comba

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, realizou unha visita institucional ao concello de Santa Comba desde onde agradeceu “o cambio de dinámica da nova alcaldesa plantexando temas de colaboración entre Concello e Xunta de forma seria e leal” e valorou “o importante esforzo que está facendo a rexedora desde o minuto un da súa chegada a a alcaldía solicitando actuacións para beneficiar ao seus veciños”.

Centro de Saúde de Santa Comba

Na xuntanza, a alcaldesa María Pose deu traslado da necesidade de abordar actuacións de melloras no centro de saúde e o delegado comprometeuse a estudar a proposta para levar a cabo obras no edificio.

Infraestruturas rurais

O delegado autonómico tamén confirmou no encontro que o concello de Santa Comba contará cun investimento de 45.500 euros para a mellora do acceso ás instalacións de bombeo do depósito de Santa Comba e ao depósito de subministro de auga en Padreiro dentro do Programa de Infraestruturas Rurais (PIR). Trenor destacou que este tipo de actuacións permiten mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais .

Trenor animou á nova alcaldesa “a traballar duro polos seus veciños e trasladou o apoio do Goberno galego para sacar adiante os proxectos máis urxentes”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos