Esta é a nota de prensa que nos remiten desde a Asociación de veciños de Pasarela-Vimianzo. Fotos- Concello de Laxe
PENEDOS E PALABRAS FRENTE O LUME
Dende Pasarela, este luns, os Penedos de Pasarela e Traba espertaron cubertos de néboa tras un domingo caluroso, que nos deixou un amargo sabor de boca, e que, espertou en nos, rabia, impotencia e un pouco de tristura pola pouca compresión e respeto que teñen algúns polas ideas ou loitas dos demais.
Escoitamos moitas veces dicir que as palabras son a arma que mais dano fai, e debe ser que as que nos pronunciamos o sábado, feriron.
O pasado sábado, 12 de Xuño, ASVEPA xunto a plataforma SALVEMOS OS PENEDOS convocamos unha MARCHA POLOS PENEDOS, que contou con varias intervencións, entre elas a do noso presidente. Dende ASVEPA (Asociación de Veciños de Pasarela),expresamos o orgullo que sentimos polo noso patrimonio, o que esta a carón das nosas casas, demos as gracias a todos os que o defenden e o desfrutan, e pedimos que sexa protexido e libre. Consideramos que non houbo ningunha palabra que puidera facer ferida, pero tamén entendemos que o acto de prender lume nos Penedos, deliberadamente, un día despois, foi a resposta as nosas verbas. Cobarde e perigosa resposta, xa que o lume non entende de límites nin de intencións, so arrasa no seu paso todo o que encontra.
Onte, os veciños de Pasarela, volvemos a sentir o medo que pasamos hai 17 anos cando o lume arrasou os Penedos e chegou a porta das nosas casas.
Acaso, os feridos polas nosas palabras, non teñen argumentos dabondo para facer frente con palabras e teñen que usalo lume??
ASVEPA so quere protexer e por en valor os PENEDOS de PASARELA E TRABA