Este martes, 15 de xuño, estaremos pendentes da moción de censura de Santa Comba polo que a nosa emisión sufrirá algunha variación. O programa «Na Encrucillada» arrancará como é costume ás 11,00h. coas noticias da xornada e con protagonistas, aínda que terá un formato reducido.
A partir das 13,00h (aproximadamente) haberá un especial informativo para dar conta do que foi o pleno da moción de censura. As persoas que queiran enviar algún tipo de comentario para ler neste programa e opinar sobre a actualidade política de Santa Comba ou doutros lugares poden contactar co Whatsapp 693.28.77.49 ou tamén mediante o mail radioxallas@yahoo.es