12.7 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Carballido:”A oposición non quere un POS, só queren a dimisión do alcalde”

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, cargou duramente contra a oposición por causar “un gravísimo prexuízo para o concello”.Para o mandatario “a oposición non quere un POS, só queren a dimisión do alcalde. Non lles importa bloquear o concello. Buscan un desgaste político a conta do lombo dos veciños”.

Acusa aos non adscritos de facer seguidismo do PP

Insiste que non acepta a petición de dimisión:”O alcalde non vai dimitir, non fixo nada para ter que dimitir”. Iso sí pide a renuncia dos cinco concelleiros non adscritos:”Os que deben dimitir son os cinco concelleiros que se presentaron na lista do PSOE e fan seguidismo da política destrutiva do Partido Popular en Ponteceso”.Contra os ex-compañeiros lanzou unha acusación por “pedir cartos a cambio de apoiar cousas no pleno”.

Entrevista ao alcalde de Ponteceso- Desde o minuto 30 deste audio

“O tema de APIN é moi decepcionante”

Das súas críticas tampouco se libran os concelleiros independentes:”O tema de APIN é moi decepcionante. Na comisión do luns non falaron, non propuxeron nada”, indica Carballido que entende que a intervención conciliadora de Marco Varela “foi todo un teatro”.

Lois García non é optimista con respecto ao pleno deste xoves:”O único que pode psar é que o pobo se farte, que a xente diga basta”. Considera que non permitir que se aprobe o Plan de Obras é algo “antixurídico” xa que “A Constitución española non permite que se traballe contra o pobo”.

Queixa das familias da Avda de Bergantiños

Nunha entrevista no programa “Na Encrucillada” que presenta Xosé Manuel Lema en Radio Xallas referiuse a queixa dos veciños da Avda de Bergantiños. Lembrou que o edficio se fixo na época de Fondo Aguiar(PP) “sen recolida de augas” e ao estar nunha área de reparto limita as actuación pero manifestou que “imos a seguir facendo melloras”.

O rexedor pondaliano enviou unha dobre mensaxe aos veciños. Pediu disculpas por cometer o “erro” de contar cos cinco non adscritos para a candidatura socialista e confianza para seguir traballando polo municipio.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos