18.2 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 18, 2024

Galicia, líder na produción de madeira en España e comunidade punteira en Europa

O director da Asociación Forestal de Galicia defendeu o Plan Forestal como unha ferramenta útil para “orientar este trasatlántico forestal ao que hai que marcarlle un rumbo e non permite devaneos”.

Defende que permitirá centrar a actividade administrativa no tocante a especies, prevencións de incendios e ser unha folla de ruta para que se poidan aproveitar debidamente as axudas europeas.

Entrevista a Francisco Dans- Desde minuto 74

Francisco Dans considera que “o reto do monte galego é saber aproveitar de maneira sostible todo o potencial que temos”. Puxo en valor os datos recollidos pola A.F.G., que refrenda que “mantén un equilibrio das cortas nos últimos anos”, con dez millóns de toneladas e máis de 222 millóns de euros facturados o que consolidan a Galicia como “a primeira comunidade autónoma en produción de madeira e das máis relevantes no conxunto de Europa”.

Dans explicou que hai moito potencial que se está xestionando debidamente e que “cada vez se coida máis o monte e se inviste en produción sostible” cunha industria da madeira da máis diversificada de España.

Máis de 31 millóns de euros de facturación en Bergantiños-As Mariñas

En Galicia a zona onde máis madeira se factura foi a de Bergantiños- As Mariñas coruñesas con 31.225.020 euros, máis de 26 millons de euros en eucaliptos e 5,2 en piñeiros. Nestes datos non se contabilizan as especies frondosas, que teñen como destino prioritario o uso doméstico. Entre as cousas que poderían mellorarse está a comercialización de especies coma o “Carballo” que “poderían ter unha maior valorización”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos