A entrevista do alcalde, David Barbeira, en Radio Xallas resultou moi completa pola variedade de preguntas, formuladas na súa maioría pola audiencia, e que se referiron a varios asuntos da política local.
En primeiro lugar sobre a propia situación política xalleira. Haberá susbtitución na alcaldía?
– Qué lle pregunten ao Sr. Ucha se está diposto a apoiar sequera estes catro ou cinco meses que quedan.
Tamén se lle plantexou se había algún pacto co Partido Popular. Negativo.”Non hai ningún acordo político co Partido Popular a día de hoxe”. E falou sobre as sensacións que ten:
”Non estou contento. Cando non dispoñes de apoios, costa moito conseguir as cousas. Da pena non poder facer máis por non ter apoios. Ogallá máis para adiante estea máis contento” afirmou Barbeira, que de todos os xeitos asegurou que traballa con toda a intensidade e “petando en todas as portas”.
Entrevista a David Barbeira desde o minuto 61
Orzamentos sociais para Santa Comba
Desvelou que está traballando nunha proposta de orzamentos que tratará de consensuar cos demais grupos. Avanzou que serán unhas contas “sociais” e orientadas a axudar ao pequeno comercio e a reforzar a atención social.Algo que sinala no que están concentrando os esforzos e os fondos do concello.
Servizo de Atención Temperá
Citou que a posta en funcionamento, este mes, do comedor sobre rodas durante as fins de semana, ou as melloras do Servizo de Atención Temperá.
Un servizo co que o mandatario está “moi contento”. Agora estudian que Negreira e Val do Dubra poidan unirse ao concello da Baña e ao de Santa Comba.
Tamén se amosou moi satisfeito co funcionamento do Punto de Información sobre a Seguridade Social, aínda que explica que seguirá demandando que Santa Comba conte cunha oficina comarcal.”A xente valórao moitísimo e está moi contenta”.
Sobre a estrada de Santa Comba- Portomouro
E era previsible falar da estrada Santa Comba- Portomouro despois da xuntanza coa conselleira Ethel Vázquez e das queixas trasladadas por Barbeira nun comunicado de prensa.
Nesta entrevista reiterou a súa preocupación:”A miña sensación é que non hai proxecto.Non nós gustaría esperar outros dez anos para o segundo tramo”. E sen descartar protestas:”Non podes descartar que haxa algún tipo de manifestación. Son moitos anos que nos están enganando e que nos están mentindo”.
Proxecto da estrada de San Salvador
Na visita de Barbeira a Radio Xallas falouse de distintos asuntos. O alcalde explicou que están agardando polos informes de Augas de Galicia “que están tardando bastante” para iniciar as expropiacións para acometer nunha parte da estrada de San Salvador, xa que a outra xa se incluiu no POS 2021.
Lamentou que “se queira confundir a xente”, sobre o treito que se vai a acometer e matizou que se o importe é superior o do proxecto anterior e sinxelamente por que “o treito das obras e máis longo”.
Sobre o proceso de contratación de operarias da limpeza que provocou críticas afirmou:”Non dubido da honorabilidade do tribunal”.Houbo alusións as obras do campo de fútbol de Fontenla e a outros temas como se pode percibir no audio que acompaña este artigo.