13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

David Barbeira:»É unha vergoña que unha vez máis os xalleiros non estemos dentro das prioridades da Xunta de Galicia»

– O alcalde de Santa Comba non descarta mobilizacións- // FOTO DE ARCHIVO//

O alcalde de Santa Comba valorou a xuntanza mantida coa conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sobre o proxecto da estrada AC-406, Santa Comba-Portomouro.

Para o alcalde de Santa Comba:”É unha vergoña que unha vez máis o xalleiros non estemos dentro das prioridades da Xunta de Galicia e que levamos máis de 10 anos á espera de que se mellore esta estrada”.

Tamén recalca que “Santa Comba sofre un despoboamento cada vez máis acelerado e que non é obxecto de preocupación para o goberno autonómico, xa que condiciona a continuidade da obras da estrada á concesión de fondos do Plan de recuperación do Goberno Central e o compromiso do goberno da Xunta coa estrada de Santa Comba-Portomouro ven de moitos anos antes que a existencia da pandemia”.

Para David Barbeira o encontro telemático do pasado luns  foi “vacío de contido, de moitas contradiccións ao longo da videoconferencia acerca de se existe ou non proxecto redactado da seguinte fase e considera que os veciños de Santa Comba teremos que comenzar a movilizarnos para conseguir unha vía de comunicación equiparable ao resto de Concellos da Contorna da Capital”.

O rexidor xalleiro comenta que dende o goberno municipal “apoiamos e apoiaremos sempre calquera tipo de financiación”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos