9.4 C
Santa Comba
viernes, abril 26, 2024

Carballido:»A única solución para manter 16 empregos de persoas en situación vulnerable é coller os 100.000€ da Deputación”

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, lanza unha mensaxe directa:”A única solución para manter estes 16 empregos de persoas en situación vulnerable é coller os 100.000 euros da Deputación e prolongar os contratos”.

Pregúntase se “imos rexeitalos e mandar ao paro a estes traballadores e traballadoras?”. Asegura que o concello está sen marxe para manter eses empregos “se rexeitamos os fondos da Deputación”. Unha cuestión da que discrepan os cinco concelleiros recentemente expulsados do PSOE.

S.O.S. de Carballido

Despois do acontecido no último pleno, García Carballido utilizou as redes sociais para “lanzar un S.O.S.” e pedir apoio para a súa proposta de Plan Único. Unhas axudas que aínda sen poderían obter. O alcalde remitiu a proposta do plan mediante unha resolución de alcaldía. Presumiblemente a entidade provincial solicitará un acordo plenario para respaldar a solicitude.

Por este motivo, o mandatario socialista incluso, nun vídeo en Facebook., fixo un chamamento aos simpatizantes do Partido Popular para que convenzan aos seus concelleiros e apoien o Plan Único.

Este mércores no xornal La Voz de Galicia – Edición Carballo, os 16 traballadores do Plan de Emprego afirmaban:«Non somos políticos, somos traballadores. Só queremos traballar e gañar un soldo digno co que manter ás familias».

Contratación de 5 operarios en Ponteceso

Este martes 9 de febreiro publicábanse as bases do Plan de Emprego de Ponteceso, que con cargo o Plan Pel Reactiva de concellos, permitirá a contratación de 1 condutor, 2 albaneis e 2 operarios de servizos xerais, durante oito meses.Está aberto o prazo de inscrición.

Foto- Carballido-Facebook

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos