5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Carballido e a mentira do Plan de Emprego Social

– Nota de prensa dos concelleiros de Ponteceso Raquel Fondo, Faustino Santiago, Miguel Ángel González, Ana Pérez e Salvador Eiroa (NOTA ÍNTEGRA)

O pasado 8 de outubro de 2020, a páxina oficial de Facebook do Concello de Ponteceso saca á luz o anuncio da convocatoria do primeiro Plan de Emprego Social da historia de Ponteceso. Nesta mesma publicación explícase que este proxecto nace «grazas ao aforro en gastos de persoal, por exemplo, coa renuncia ao salario do alcalde de Ponteceso, pódese financiar un plan de emprego que vai beneficiar como mínimo a 10 traballadores/as durante seis meses, e formar unha bolsa de emprego para futuras contratacións, segundo vaiamos dispoñendo de recursos». É decir, a partida presupostaria reservada para o pagamento dos salarios do alcalde e dos concelleiros iba ser usada para pagar os salarios ás persoas beneficiarias de dito plan de emprego.

Nas últimas xornadas, despois do pleno celebrado o pasado xoves día 4 de febreiro, o alcalde culpa aos membros da oposición da imposibilidade de seguir adiante co plan de emprego en cuestión, debido a que o seu rexeitamento á proposta de POS+2021, o concello de Ponteceso vai perder 100.000€ que teoricamente iban ir destinados aos salarios das persoas beneficiadas por esta iniciativa social e laboral. Coma sempre, o alcalde minte e agora  imos xustificar esta afirmación.

Tomando como punto de partida a publicación feita polo goberno, o concello de Ponteceso non precisa deses 100.000€ para poder prolongar o Plan de Emprego Social máis aló do 30 de maio, xa que de empregar a partida presupostaria dos salarios do alcalde e concelleiros para esta finalidade, o concello dispón dunha liquidez mínima de 123.918€ para pagar os salarios destes traballadores, sempre e cando o alcalde non desviase este diñeiro ou o empregase para outros fins que nada teñen que ver co destino inicial do mesmo, que non é outro que garantir a estabilidade laborale económica dos traballadores acollidos a este plan de emprego como mínimo ata o ano 2023 no que remata a presente lexislatura.

Como mostra da veracidade desta afirmación achegamos o arquivo publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o 4 de xullo de 2019 no que o alcalde asignaba os salarios ás diferentes áreas e á propia alcaldía: 

ENLACE AO BOP 

Coa información exposta neste documento podemos concluír que nos atopamos diante doutra mentira máis do alcalde Xosé Lois García Carballido, ás cales xa nos ten acostumados, porque fixo da mesma a súa principal arma para facer política e agarrarse a un sillón que cada vez semella tambalearse máis. En definitiva, a vinculación que está a facer o Señor Carballido entre a non aprobación do POS+2021 e a non continuidade do Plan de Emprego Social máis alá do 30 de maio de 2021 é unha artimaña política máis dunha persoa que non ten máis interese que manterse na alcaldía para o beneficio propio e dos seus amigos en lugar de pensar no mellor para as veciñas e veciños de Ponteceso.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos