13 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Antonio Vázquez, director de Bisbarra:”Era o momento de cumprir este soño que tiña”

“Bisbarra” e un novo xornal semanal gratuito para os concellos da Área de Compostela. Está dirixido por Antonio Vázquez Fernández, home experto neste tipo de iniciativas (“Crónicas da Comarca”, por exemplo). Raquel Varela Pedreira é a redactora xefa.

“A xente quere saber o que pasa na súa parroquia e na súa comarca” comenta Vázquez, convencido de que “hai demanda” deste produto nestes territorios.

Leva tempo coa arela de impulsar unha cabeceira neste espazo xeográfico:”Era o momento de cumprir ese soño que tiña”. En tempos de retroceso de vendas de xornais en papel e de crise no oficio, o director de “Bisbarra” pensa que “o papel non vai a morrer”.

Entrevista ao director de Bisbarra en Radio Xallas (Minuto 32)

O novo semanario ofrece noticias de actualidade e conta con seccións de cultura, deporte, e economía(baseada no sector agrogandeiro). E tamén apartados de opinión e de sociedade para dar conta das actividades e amosar os distintos lugares.

Sobre o traballo informativo e a liña do xornal Antonio Vázquez comenta:”Aplicaremos o sentido común, ver que é o importante e que todos teñan o seu espazo”.

Desde Adiante Galicia damos a benvida a «Bisbarra», como acérrimos defensores que somos da pluralidade e do valor dos medios de comunicación.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos