14.8 C
Santa Comba
martes, marzo 21, 2023

Mauro Aufiero:”A alcaldesa de Camariñas debe pedir disculpas”

O portavoz do Partido Popular de Camariñas, Mauro Aufiero, solicita á alcaldesa Sandra Insua a petición de disculpas públicas por que “un representante público debe de dar exemplo e ela mesmo recoñeceu que o día 30 estivo nun centro comercial facendo un cambio de roupa”.

Aufiero lembra que nesas datas “non se permitía o movemento para ir de compras” e “ir a Coruña a un centro comercial non era necesario para o seu cargo”·

Segundo o edil popular “non é un caso grave para pedir a dimisión pero sí que pida disculpas públicamente aos veciños de Camariñas. Por actos similares chegamos a ter máis de cen casos en Camariñas. Estase xogando coa vida da xente”.

Lamenta que Insua “tardara un mes en recoñecelo” e tamén que logo de detectarse tres casos positivos por Covid-19 no equipo de goberno e de “escoitarse rumores” pensou que “ían a dar unha explicación de como se deron eses positivos para tranquilizar á veciñanza”.

Deixou claro que sobre os casos de concelleiros do PP (Paula Mouzo máis él) no equipo de goberno están ao tanto das circunstancias:”Un caso foi o meu debido ao gromo do Instituto da Ponte do Porto  e o da concelleira Paula Mouzo ao visitar a un familiar no Hospital”.

ENTREVISTA A MAURO AUFIERO- DESDE MINUTO 88

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos