6.5 C
Santa Comba
sábado, abril 27, 2024

A oposición de Coristanco solicita un pleno para destinar o remanente a obras

Terra  Galega, PSOE, BNG e  AVLC solicitaron a convocatoria dun pleno extraordinario, no concello de Coristanco, para tomar a decisión de destinar o remanente de tesourería do ano 2019, a financiar as obras aprobadas no pleno de outubro e que non se poidan custear con cargo o  POS 2021.

Os portavoces dos catro grupos políticos (toda a oposición menos Contigo Somos Democracia) expuxeron esta iniciativa ao comprobar que o plan de obras provincial non poderá acoller todas as obras propostas.Lembran que o remanente pode aplicarse a investimentos e que a sesión plenaria debería de convocarse con carácter urxente.

Tamén propoñen que o alcalde, Juan Carlos García Pose, manteña unha reunión urxente cos portavoces e cos técnicos redactores dos proxectos “para concretar ou importe  do remanente de tesourería destinado a  ditas obras”.

Estas foron as obras seleccionadas no pleno

1.- Proxecto de humanización da travesía de San Roque: PLan de humanización desde a rotonda de Carrefour ata a rotonda de Sta Comba, coa colocación de bancos, xardineiras, pepeleiras, arbolado decorativo (prunus, acer, ginkgo ..), paso de peóns máis seguros, sinalización, axardinado das rotondas e zonas verdes, etc.

2.- Pavimentación con aglomerado en quente e aceras e pluviais na zona de Feira Nova: pavimentación desde a C-552 ata a DP-2901, pasando por diante da escola Fonteboa, a unitaria da Feira Nova, e o ramal ata Pontepequena. Colocación de aceras e ampliación do firme do ramal que pasa por diante da escola unitaria e Fonteboa.

3.- Aceras e pluviais na Rabadeira: Construcción de aceras desde a pista que vai a Nogueira ate a derradeira casa da Rabadeira en sentido Sta Comba. ditas aceras serán por ámbolos dous laterais, coa colocación de puntos de luz en todo o trazado.

4.- Senda peonil Rabadeira a Seavia: 1º tramo da senda peonil da Rabadeira a Seavia.

5. – Aceras do Pinariño ata a igrexa de Xaviña: Pluviais e aceras desde o final das aceras da Lagoa ata a igrexa de Xaviña.

6.- Aceras desde a rotonda de Carrefour ata Oca. Construcción de aceras e pluviais desde a rotonda da C-552 á altura de Carrefour ata Oca, cos correspondentes puntos de luz.

7.- Aceras desde a zona da Torre en Silván Ata o lugar de A Braña., por ambos laterais.

8. – Ampliación e adecentamento e pavimentación con aglomerado en quente da carretera que vai desde a DP-2901, ate a área recreativa da Rocheira.

9. – Adecentamento do camiño desde Vilaverde a Pontedona

10. – Mellora da captación auga de Rabadeira e Nogueira, e a auga de Valenza

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,230SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos