AXEGA 112-
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esta mañá a tres persoas que resultaron feridas a causa dunha colisión entre dous turismos á altura do punto quilométrico 20 da AG-55.Ocorreu ás 09:45 horas de hoxe ao seu paso pola parroquia de Monteagudo, no concello coruñés de Arteixo, dirección Cee.Nada máis ter constancia do sinistro, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Arteixo e dos membros de Protección Civil da localidade.
Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que os tres feridos foron evacuados ao centro hospitalario de referencia.Ademais, desde o 112 avisouse igualmente aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, así como ao servizo de mantemento das estradas.