13.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 30, 2023

Carmen Suárez e Estrella Antelo:“Seguimos adiante porque ninguén se dignou a reclamar uns cartos que son da xente”

As ex concelleiras recurriron aos tribunais ante a falta de resposta do goberno local de Camariñas. Agardan que o exalcalde acabe devolvendo uns aproximadamente 50.000 euros.

Pasaron máis de dous anos despois de presentar unha solicitude, no rexistro municipal do concello de Camariñas, pedindo que o alcalde Manuel Valeriano Alonso de León devolvese os salarios percibidos no tempo que se mantivo no cargo, despois da sentenza por prevaricación administrativa.

Petición vía rexistro municipal e falta de resposta

Daquela Estrella Antelo e Carmen Suárez eran concelleiras do Partido Popular. Elas tiñan claro que eses cartos debían volver ás arcas municipais.Ante a falta de resposta do goberno local decidiron ir os tribunais.

“A nosa intención era que o concello iniciara o expediente, pero ante o silencio absoluto da alcaldesa e a falta de transparencia tivemos que denunciar” aclara Carmen Suárez. A Estrella Antelo non lle sorprende esta falta de resposta por que “tápanse uns ós outros” pero sostén que Sandra Ínsua “sabía ben o que había”.

Manter o compromiso

E decidiron seguir adiante.E sen apoio de ningún partido. Nin o goberno nin a oposición:“Ninguén se dignou a reclamar uns cartos que son da xente do concello de Camariñas” lamentan. Eso sí, agradecen o apoio moral que tiveron de parte do equipo de traballo da anterior candidatura do PP.

Explican que o único que están facendo e “manter o compromiso que tíñamos cos nosos votantes e coa poboación” e lembrar que xa daquela “O PP manifestaba que o alcalde era un ocupa”. Lembran que o propio mandatario Pichurri levantaba os reparos de intervención para cobrar as súas nóminas. E que o PSOE apoiaba públicamente estas decisións do alcalde.”Pensamos que a vara de medir ten que ser sempre a mesma. E o PSOE sabía que o alcalde estaba condenado” engade Súarez Fuentes.

“O que se promete débese cumprir”

Estrella Antelo está “moi satisfeita” coa sentenza porque “creemos na lei”. Tanto a ella como a súa compañeira insisten en que o que pretendían era que os cartos que son do pobo volveran ao pobo. E pensan que esas cantidades poderíar servir para axudar a xente maior con dificultades, a servizos educativos para os escolares ou a bonificar impostos.

Agora agardan que o concello de Camariñas faga por mandato xudicial o que non quixo facer dun xeito ordinario. E que o informe da Xunta acredite  a devolución dos fondos percibidos supostamente de xeito irregular.

Carmen e Estrella manteñen que «o que se promete débese cumprir» e que os representantes públicos teñen que loitar contra a corrupción. E por ese motivo emprenderon este camiño.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos