//Propoñen mocións en distintos concellos para posicionarse en contra de Varilongo//
Escoita a entrevista coa portavoz do C de D. Rías Altas (min 33)
O Comité de Defensa das Rías Altas denunciou hoxe que o proxecto mineiro de Varilongo pode ter efectos negativos máis alá do propio concello de Santa Comba. Aseguran que están en perigo “a riqueza pesqueira e marisqueira” da Costa da Morte, porque “hai contaminación de metais pesados que van directamente a un rego que empalma co río Xallas e vai directamente ao mar”.
Contacto cos concellos de Dumbría e Carnota
Unha portavoz do colectivo, Dolores Louro, cualificou a situación de “gravísima” e confirmou que xa houbo contactos cos concellos de Carnota e Dumbría. Pretenden presentar “unha moción onde os grupos políticos, por unanimidade, se manifesten en contra destas minas de Varilongo”. Percibe interese nestes concellos.
Vertidos activos, sen permisos
Louro denunciou que xa é o momento de oporse a unhas sondaxes “que xa están vertendo contaminación no mar e na terra”. Considera que a “alarma social é xustificada” e apoia as demandas de colectivos como Petón do Lobo, Verdegaia, Ecoloxistas en Acción ou a plataforma BerXallas.“Todo isto é ilegal, están facendo sondaxes sen permisos nin estudio de impacto ambiental”.