1.6 C
Santa Comba
domingo, diciembre 4, 2022

Álvaro Rodríguez:”O goberno que minte quere crear unha norma para dicirnos o que é verdade e o que é mentira”

O politólogo, avogado e escritor, Álvaro Rodríguez, valorou as directrices marcadas polo goberno, vía BOE, para loitar contra a desinformación.

“O control da información por parte do goberno non é unha fantasía, é unha ameaza real, xa está aprobado” declarou Rodríguez, que pensa que se confirma que o goberno de coalición PSOE-Podemos “está creando instrumentos de coerción” para o control da información algo que lle parece “moi perigoso”.

Entrevista radiofónica a Álvaro Rodríguez (desde minuto 75)

Para o escritor cambadés “o perigo xa é real. Vai a haber un control das persoas desde a Moncloa. Van decidir o que lle interese e o que non”.
Percibe que ante expectativas dunha crise importante e de problemas sociais, vaise intentar controlar a todas persoas que plantexen alternativas a orde social “europeísta, globalista e capitalista” que se defende.

E tivo palabras crítica para o goberno concluíndo que “os que minten crean unha norma para decirnos o que é verdade é o que é mentira”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
Concello de Val do Dubra
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,790SeguidoresSeguir
508SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos