8.1 C
Santa Comba
domingo, abril 27, 2025

Mazaricos licita o acondicionamento da piscina da Picota

O concello de Mazaricos licita un proxecto de acondicionamento e conservación da piscina municipal da Picota, cun orzamento de 72.385 euros(ive incluido). O prazo de presentación de ofertas estará aberto ata o 24 de novembro.

Segundo se explica no proxecto na piscina localizada na área recreativa de Ponte do Cura a intención «é intervir na totalidade do ámbito da piscina (rocho de máquinas, piscina e instalacións auxiliares) coa finalidade de que os usuarios poidan volver a gozar dunha dotación deportiva e de lecer que reúna a aptitude necesaria para a súa posta en servizo, de forma que se garantan a funcionalidade, a seguridade, a salubridade, a hixiene e a eficiencia enerxética, segundo o disposto pola normativa vixente».

Realizaranse traballos de revisión e mantemento nos elementos que se atopan en bo estado e os máis deteriorados será substituidos. Aplicarase un novo tratamento impermeabilizante no vaso da piscina, cunha revisión de «todos os ocos» e unha nova sinalización dos puntos informativos.

Hai outras zonas onde se deberá actuar como na reixa que cobre a canle do rebosadoiro «que rodea a piscina presenta rompeduras», ou no morteiro da canle, que ten desprendementos. Substituiránse baldosas, limpiarase a presión todo o pavimento, entre outras actuacións.

O ámbito da piscina, que ocupa unha área de aproximadamente o 40% do total (2.215 m²), está composto polos seguintes elementos: vaso de piscina cuberto, sala de máquinas e casetas de servizos (vestiarios, aseos e taquillas)

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos