12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Os alcaldes da Costa da Morte comprométense a solicitar unha xuntanza con Feijóo para falar sobre XEAL

Os alcaldes da Costa da Morte comprometéronse a pedir unha entrevista co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para tratar sobre a situación das fábricas  e das concesións hidráulicas de XEAL (antiga Ferroatlántica) na comarca.

Foi unha petición que lles trasladou o comité de empresa, nunha xuntanza. “O que non poden facer os concellos é continuar pasivos ante o deterioro das fábricas e a destrución de postos de traballo” indican os representantes dos traballadores.Reclaman que sitúen este asunto “no centro da axenda política”.

Plan de viabilidade

Un asunto que consideran fundamental e “polo que levamos agardando dende hai máis dun ano” é o plan de viabilidade.

O comité decidiu seguir co calendario de mobilizacións, nas que tamén solicitan un calendario de rearranque dos fornos. Cada venres ás 19h, concéntranse diante da Casa do concello de Cee.Segundo o comité, nestes momentos as fábricas están a un 10% da súa capacidade de produción.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos